80 min.
Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonda tanto no son das pezas como na execución instrumental. O repertorio de Nani García Trío é unha mestura de antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións de Nani reformuladas en clave de jazz, así como pezas totalmente novas. Ademais do piano de Nani, o trío complétase co contrabaixo de Simón García e a batería de Miguel Cabana, dous mestres nos seus respectivos instrumentos recoñecidos a nivel internacional. ATENCIÓN: A relación de asentos é merarmente informativa, xa que ao ser un programa de venta de butacas de cine non contempla as mesas que hai na sala de concertos Tebras, polo que será o persoal da sala o que lles indique o lugar que deben ocupar.
Plz Viana do Castelo, 3 Baixo
27003, Lugo