120 min.
Grupo formado no 2013 por catro psiquiatras do HULA (actualmente quedan dous) que se xuntaron co baixista Carlos Doval. No 2013, estiveron no programa do Festival de Jazz de Lugo e posteriormente fixeron xiras por distintos locais galegos cós espectáculos Cancións de amor e sorna-swing Non todo sorna, non todo swing e Glamour galego . Asemade actuaron catro veces nas festas de San Froilán de Lugo, gravando para o Concello de Lugo o tema Un polbo en San Froilán . Foolmakers ofrecen concertos con temas fundamentalmente do seu disco Un polbo en San Froilán, composto fundamentalmente por standards de jazz non só traducidos ao galego, senón tamén adaptados á realidade galega cun importante compoñente humorístico, pero tamén adaptacións como a da copla La bien pagá pasada polo jazz e convertida en O ben pagao, o clásico do soul Me and Mrs. Jones convertido en Eu cun de Friol. O standard de jazz Rhode Island is famous for you transformase en Baio lugar do que procede o compañeiro da nosa cantante e que da pé para falar das excelencias de distintos concellos galegos. Ademais presentan temas no incluídos no cd, como a versión de Because the night de Patty Smith que pasa a ser Bicos de nai e o atrevido Dr. Longo blues FOOLMAKERS son: Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Sergio Abuín: guitarra; José Angel Sánchez: batería.
Plz Viana do Castelo, 3 Baixo
27003, Lugo