180 min.
O festival MÚSICAS DIVERSAS ofrece unha mostra dos diferentes estilos musicais que se están a desenvolver en Galicia por novos creadores que apareceron nos últimos tempos. Música pop, rock, cantautores, músicas do mundo, swing, blues desfilarán polo escenario da Sala Tebras a vindeira fin de semana. Desde Lugo SILVIA CHIGLIAK E ADRIÁN ARIAS forman un dúo de piano e voz que recrean éxitos de diferentes épocas e estilos. O lugués SAULO SAUSE únese a Paul Baker nunha parella onde a música creada polo británica afincado na Ribeira Sacra desenvolve un son típico das illas británicas. LE BARLUTHIER trátase dun pianobar literal e itinerante nunha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50 coa música jazz, swing, dixie ou latin a través dun espectáculo cómico musical. O trío BARBAÑA BLUES chega desde Ourense coas súas versións de blues americano reinterpretando aos clásicos dun xeito moi persoal.
Plz Viana do Castelo, 3 Baixo
27003, Lugo