Concerto: IM-PULSE Pink Floyd Tribute

image01

CODEX CINEMA LUGO

120 min.

IM-PULSE é unha formación nada en Málaga que rende tributo, coa maior profesionalidade, á mítica banda británica Pink Floyd, unha das máis representativas do rock progresivo de todos os tempos. Cun excelente directo, conseguen engaiolar ao público recreando a particular atmosfera dos concertos desta gran banda nun espectáculo de imaxes, luz e son minuciosamente elaborado ao detalle. Durante máis de dúas horas e media interpretan, con toda fidelidade, un repertorio cos temas máis emblemáticos baseado, sobre todo, no icónico directo P-U-L-S-E, pero sen deixar atrás os grandes clásicos de discos anteriores que nos transportaran ás súas mellores épocas. Tralo éxito acadado na súa visita polas principais capitais españolas, continúan co seu segundo ano de xira, facéndonos gozar dun impresionante concerto no que poderás revivir a maxia da música de Pink Floyd. Unha inesquecible experiencia que non te podes perder do que está considerado, cada vez por máis público, o mellor tributo a Pink Floyd do país.

Sesiones con guardería

Sesiones de madrugada

Sesiones

Sesiones

Navega y toca para seleccionar tu fecha.

Toca en una sesión para comprar.

DIGITAL

CODEX CINEMA

Plz Viana do Castelo, 3 Baixo

27003, Lugo